Dentro do programa Baños de mar, o día 24 de setembro realizouse un percorrido guiado polo casco vello ata achegármonos a unha das praias onde tiñan lugar os referidos baños.
Previamente á actividade, desenvolveuse unha procura de información que poderiamos dicir abrangueu terra, mar e aire.
Un fermoso traballo capitaneado por Noemi Díaz Orol e Raquel Queizás, que arroupadas por moitas veciñas, e imprevistas informantes de diferentes puntos da xeografía luguesa foron artellando unha viaxe ao que sen súbida foron as primeiras bañistas que acolleu Ribadeo.
Todo isto ten unha contada, longa contada
Pretendemos que todo o traballo desenvolto non quede esquecido e teña presenza activa na rede
Non hai ningún estudo sistematizado sobre este fenómeno de migración temporal e salutífera
Dalgún xeito este caderno sería o recoñecemento ao traballo de moitas persoas que achegaron os seus grans de area a este proxecto.
Inicialmente a proposta é ir enchendo (coas entradas que se consideren) este blog
De momento vai ser privado ( só persoas que se conseidere poden facer achegas terán acceso ao mesmo como administradoras: poderán editar, publicar e deseñar a páxina en igualf¡dade de condición ca o resto
É unha historia de mulleres que creo debe ser capitaneada por mulleres ( eu incluso sobraría, certo que teño interese pero non son muller)
Seguro que quedan moitas cousas que perfilar pero para botar a andar se vemos a posibilidade e a utilidade, este texto vale ben.
Faremos achegar o enderezo do blog as persoas que consideremos, que automaticamente autorizaremos como administradoras , agás se decida o contrario
Terá cabida todo
No momento que así se decida pasará a ser público
Ningún comentario:
Publicar un comentario