Para empezar por que canouras e non canouros?
Segundo parece a inmensa maioría das persoas que baixaban a tomar os baños eran mulleres que en ocasións viñan cos fillos ou fillas de menor idade , e non todos.
A presenza masculina neste tipo de actividade era escasa ( hai quen a sitúa ao redor do 10% ) e incluso menos
Adúcense diferentes razóns das que se falará en posteriores entradas
De momento empezamos no por que canouras?
Noutros lugares da xeografía galega flan de pouvanas, de canónigas, da carolas, catalinas, carrachentas,... un sin fin de alcumes despectivos , sempre .
Mesmo aquí en Ribadeo sei que as propias canouras referíanse ás que viñan de terras máis altas ou afastadas como montañesas...
O caso é que atopamos a verba canouras
Imos ver todas as posibilidades que ofrece a palabra e despois trataremos de tirar algunha conclusión
Empezamos polo masculino e non por lle dar prioridade, xa veredes polo que
CANOURO: Ser etéreo que, segundo a tradición popular, habita nos bosques, nos campos e nas augas. (Dicionario Digalego)
Nestas imaxes vemos como Manuel Murguía no n 86 dos boletíns da RAG (1914) fala do canouro e indica que "nada hemos podido rastrear " respecto á voz e o seu significado
No conxuro da segunda páxina vemos como o pai trata de protexer ao fillo deste ser
O caso é qie moita sintonía non semella ter , agás o comentario que o relaciona coas augas pero moi apurada a conxectura
Pasamos ao feminino
CANOURA: Parte do muíño que consiste nunha caixa en forma de pirámide invertida onde cae o gran que se vai moer. A moega ou moxega
Na procura de información, peiteando o caralibro ( facebook) e concretamente no muro "Non eres de Ribadeo" alguén comentaba que estas mulleres (algunhas) traían fariña que a levaban a Casa Gayol para que lles fixese o pan (supoñemos co pago da correspondente maquía)